Os tres partidos celebrados esta pasada fin de semana correspondentes á Liga Galega Senior Feminina de Hóckey Liña, dous deles da segunda xornada e outro da terceira, deixan de momento a Lóstregos Feminino coma líder provisional despois da súa segunda vitoria en Vigo antes A Guarda HL, que pouco pudo facer para derrotar ás vixentes campioas, que vencían por 0-6 no pavillón de Bouzas. CHL Meigas, que descansara na primeira xornada da liga regular, gañaba no Palacio dos Deportes de Riazor da Coruña a ADC Alquimia Inline por 2-4 tras vencer as coruñesas o sábado a Brigantium por 1-3 na pista de Agra 1 da cidade herculina, polo que son terceiras na clasificación provisional por diante de Brigantium e A Guarda HL, que con dous partidos xogados acumulan un empate e unha derrota. Ambas xornadas serviron tamén para mostrar por parte de todos os equipos o seu apoio contra a violencia de xénero.
O derradeiro encontro deste ano está previsto para o 30 de decembro no derbi lugués entre Lóstregos e Meigas e co que se completará a xornada 3.
[Fotos: Mariela Bolívar e Paco López]
#eupatino