O Comité Nacional de Árbitros de hóckey a patíns designa a Lorenzo Bosch e Nicolás Morandeira para arbitrar na vindeira edición da Copa de SM La Reina, que terá lugar do 11 ao 14 de maio na localidade de Calafell.
Os equipos clasificados son:
Telecable HC
Lidergrip CH Mataró
CP Vila-Sana
Orkla Bigues i Riells
Deportivo Liceo
Generali HC Palau de Plegamans
Martinelia CP Manlleu
CP Esneca Fraga
A competición comeza o día 11 ás 17:30h e a final está prevista para o domingo ás 16h.
Desde a FGP desexámoslles que realicen unhas boas arbitraxes.