O Liceo en Grupos Xuvenís con “Tú” e o C.A.R.P.A.-Viqueira en Cuartetos con “Dame una razón” lograban o título galego no campionato de Grupos Show para ambas categorías, que tivo lugar o pasado sábado, 25 de febreiro, no pavillón municipal de O Porriño organizado polo clube local.
O dez grupos Xuvenís inscritos foron os que abriron o Campionato Galego a media tarde. Tras o Liceo da Coruña, o podio quedou formado polo CPA Condado de Salvaterra de Miño coa súa actuación denominada “Efecto dominó” mentres que a terceira praza era para os composteláns do Campus Stellae con “Poison”. Os tres acadaron praza para o Campionato de España que se celebrará os días 24 e 25 de marzo en Alcoi. A eles sumarase o CD Fontiñas de Santiago de Compostela, pois á Federación Galega correspóndenlle catro representantes.
Na categoría de Cuartetos inscribíanse seis clubes, quedando clasificados no podio tras os campións vigueses do C.A.R.P.A.-Viqueira os do Club Ánfora de Cangas do Morrazo con “Los locos años 20” e Axel Arteixo coa súa coreografía “Z”. Os dous primeiros repres