PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Jul 28

Lete Lasa pide “prudencia” ás 58 federacións deportivas de Galicia e reactiva os grupos de traballo para abordar a situación actual

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou onte nunha reunión coas 58 federacións deportivas de Galicia ás que lles transmitiu “prudencia” ante os últimos datos da evolución da pandemia en España e lembrou que “a cuestión sanitaria sempre se priorizará ante a cuestión deportiva”. Así, recordou, como en anteriores xuntanzas coas federacións deportivas que “a actividade só poderá levarse a cabo cando existan garantías de seguridade e hixiene e non se produzan contaxios”. Do mesmo xeito lembrou que a actividade 6/16 escolar e federativa non será retomada ata o vindeiro mes de setembro, sempre e cando o permita a situación.

 

Neste sentido, o secretario xeral informou da carta remitida na mañá de onte á presidenta do Consejo Superior de Deportes xa que, “son aínda moitos os clubs, deportistas e federacións galegas que continúan transmitíndonos o seu descoñecemento sobre a regulación das súas respectivas competicións estatais, dúbidas e incertezas que non puideron ser resoltas polas súas federacións españolas nin tampouco, en última instancia polo propio CSD”.

 

Respecto á xuntanza mantida o pasado venres polo CSD cos diferentes organismos autonómicos, na que se asegurou que a “única e exclusiva” competencia do Consejo é “a competición profesional e profesionalizada”, Lete Lasa lembrou de novo a problemática xurdida desta dualidade que presenta unha “realidade deportiva de primeira e de segunda categoría onde o deporte autonómico e a competición non profesional parecen estar no segundo grupo”. Lete Lasa solicitou ao CSD que “se aborde esta problemática sen máis dilación e coa atención que merece este sector do deporte español”.

 

Tras recoñecer todo o traballo e o esforzo realizado ata o día de hoxe, o mandatario galego indicou que, nas vindeiras datas, retomaranse os grupos de traballo creados pola Secretaría Xeral para o Deporte coas federacións deportivas galegas para abordar a nova situación e asegurar o cumprimento dos protocolos elaborados para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia.

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL