PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Jul 09

A opinión de Leonardo Barozzi (capitán de Italia)

Como ves á túa selección e con que perspectiva afrontades o Eurohockey2018?

O equipo está consolidado xa que levamos traballando xuntos varios anos con bos resultados. Chegamos ao Campionato de Europa sabendo que España e Portugal son as seleccións nacionais que parten como favoritas, pero trataremos de ser partícipes da loita polo título.

Cal é a función principal ou que debe achegar un capitán dunha selección nacional?

O capitán debe tratar de manter ao conxunto unido e axudar se un compañeiro ten un problema, así como deixar claro que nunha competición curta pero intensa como esta a achega de todos é fundamental, ben se che toca xogar un minuto como 50.

Que supón para ti xogar o Eurohockey nunha cidade de tanta tradición como A Coruña?

É unha cidade histórica para o noso deporte cun Palacio dos Deportes de Riazor fascinante e que para Italia emana grandes recordos como a vitoria do Campionato do Mundo de 1988. Seguramente será unha razón máis para facelo ben.

[Foto: Marzia Cattini]

#eurohockey2018 #OKEuroM #OKCoruna #OKEuro2018 #ACoruña #eupatino

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL