O XI Campionato de España Solo Danza de categorías Xuvenil, Junior e Sénior celebrouse do 20 ao 22 de xuño en Gandía. Na competición participaron patinadores e patinadoras galegos/as, entre os que Joel Ribeiro alzouse co Ouro na categoría Junior masculina.
A clasificación galega no Campionato foi a seguinte:
En categoría Junior Masculina:
1º Joel Ribeiro Díaz, do CPA Gondomar, coa puntuación total de 135.29
7º Iago Cacheiro Seoane, do CP Alquimia, coa puntuación total de 74.56
10º Ángel Lorenzo Castañeda, do CD Fervello, coa puntuación total de 67.44
En categoría Xuvenil Feminina:
14ª Andrea Lamas Rey, do CP Balaídos, coa puntuación total de 61.34
20ª Adriana Cancelo Sobrino, do CP Alquimia, coa puntuación total de 46.27
En Categoría Junior Feminina:
12ª Verónica Longueira Rouco, do CD Fervello, coa puntuación total de 72.90
En categoría Sénior Feminina:
4ª Enya Rodríguez Rodríguez, do CP Lenda, coa puntuación total de 126.45
8ª María Bilbao Palomo, do CP Alquimia, coa puntuación total de 105.06
14ª Andrea López Rodríguez, do CPA Gondomar, coa puntuación total de 89.52
En categoría Sénior Masculina:
7º Brais Cano Fariñas, do CP Alquimia, coa puntuación total de 87.15
8º Carlo Signorini Coto, do CPA Ágora, coa puntuación total de 78.67
Desde a FGP queremos darlles os parabéns a todos polo seu esforzo e resultados.