PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Sep 24

Joel Ribeiro 5º, o CPA Ribex 6º e Julia Bendedetti 10ª nos World Skate Games.

Os xa finalizados World Skate Games de Italia 2024 tiveron unha gran representación de deportistas da Federación Galega de Patinaxe.

 

Na competición de patinaxe artística, que tivo lugar en Rimini, Joel Ribeiro, do CPA Gondomar, conseguiu o 5º posto da modalidade Solo Danza, en categoría Junior Masculina, coa puntuación total de 130.66.

 

Cabe destacar que Ribeiro tamén participou nos World Skate Games co Cuarteto Junior do CPA Gondomar «Secondary Effect», conseguindo o Ouro Mundial.

IMG_5880 2

IMG_6122

 

 

Pola súa banda, o CPA Ribex acadou o 6º posto na competición de Grupos Show Grandes con «Carpe Diem», cun total de 33.33 puntos.

IMG_5986 IMG_6120 IMG_6121

 

 

A competición de Skateboarding celebrouse en Ostia, Roma. Julia Benedetti, do Maroña Indoor, competiu na Modalidade de Park Feminino, chegando a clasificarse para as semifinais, onde rematou no 10º lugar.
IMG_6119

IMG_6116

Desde a FGP queremos darlles os parabéns polos seus magníficos resultados.

 

Fotos: World Skate Games, Raniero Corbelletti, Comité Nacional Skate

 

 

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL