Jacobo Copa e Bruno Saavedra, do CAA Dominicos, foron escollidos por Carlos Cortijo, seleccionador nacional de hóckey a patíns, para xogar coa Selección Española Masculina no Campeonato de Europa Sub-19.
A competición terá lugar do 10 ao 16 de setembro en Seedorf, Suiza.