Jacobo Copa, do Deportivo Liceo, formou parte como capitán da Selección Española Sub 19 nos World Skate Games de Italia 2024, onde se alzaron como Campións do Mundo.
En cuartos de final enfrontáronse a Colombia, gañando por 13 goles a 0, clasificándose para as semifinais contra Italia, a anfitrioa, partido no que a selección española venceu cun 6 – 3.
Na final, que tivo lugar o sábado 14 de setembro, xogábanse o título de Campións do Mundo contra Portugal. Tras o primeiro gol de España, Portugal empatou o partido, ata que Jacobo Copa anotou o segundo gol do conxunto español. Finalmente, tras un gol máis a favor no último momento, España alzábase co Ouro dos World Skate Games cun 1 – 3.
Desde a FGP queremos darlle os parabéns a Jacobo polo seu gran traballo e á Selección Española Sub 19 pola súa sexta vez como Campioa do Mundo.
Fotos da RFEP