Os equipos Galegos en competición nacional xa coñecen os seus calendarios para a vindeira tempada 2024/25.
As competicóns arrincan coa Supercopa de España Masculina, que se disputará en A Coruña o 5 e 6 de outubro, cos seguintes cruces en semifinais:
FC Barcelona – Deportivo Liceo e CE Noia – Reus Deportiu.
Unha semana despois, o 12, dará comezo a OK Liga Masculina, recibindo o Deportivo Liceo ao PAS Alcoi.
O 19 de outubro é a quenda da OK Liga Prata Masculina Norte, a OK Liga Prata Feminina e a OK Liga Bronce Norte.
En Prata Masculina, os dous representantes Galegos viaxan a Cataluña a disputar os seus encontros: CDM Hockey Patines – Cerdanyola CH e CAA Dominicos – PHC Sant Cugat.
En Prata Feminina, os cruces nesta primeira xornada son: Resa Cambre – CP Las Rozas, HC Ponteareas – UDC Rochapea e Oviedo Roller HC – DP Berenguela D’Ocio.
A Bronce Norte da comezo con dous partidos entre equipos Galegos: Calvo Escola Lubiáns – AC Ordes e CDM Hockey Patines – CH Compostela. Pola súa parte, o Traviesas HC viaxa a enfrontarse ao UDC Rochapea e o HC Raxoi visita ao Real Club Jolaseta.
Finalmente, o 26 de outubro, da comezo a competición na OK Liga Iberdrola.
O HC Coruña recibe ao PHC Sant Cugat e o HC Raxoi viaxa para enfrontarse ao CP Vila – Sana
Todos os calendarios pódense atopar na seguinte ligazón: http://www.hockeypatines.fep.es/
Desde a FGP, desexámoslles a todos os equipos unha boa tempada.