O Comité de Patinaxe Artística da Federación Galega de Patinaxe, convocóu a II Tecnificación da modalidade de libre os días 3 e 4 de abril no Pavillón Municipal de O Pino, O Pedrouzo.
Dita convocatoria está orientada á formación de adestradores/as e non a patinadores/as de xeito específico, polo que os patinadores/as presentes foron escollidos dos Sectores Norte e Sur da provincia de A Coruña, que servirán como modelos para as explicacións e correccións dos técnicos encargados da formación aos adestradores.
A tecnificación está sendo impartida polos técnicos internacionais Rosa García (responsable da modalidade de libre) e Mario Lago (encargado de danza, en concreto aos components skaing skills, trnasitions, etc.).
Esta formación tivo lugar onte, luns 3 de abril de 09:30 a 13:30h. e de 16:30 a 20:30h. e hoxe, martes 4 de abril, de 10:00 a 14:00h.