O Campionato de España de Solo Danza de categorías alevín, infantil e cadete, tivo lugar en Gandía do 16 ao 19 de xuño con participación de patinadores e patinadoras galegos/as, conseguindo o terceiro posto en categoría Cadete Masculino Iago Vázquez, do CD Fervello.
A clasificación dos deportistas galegos foi a seguinte:
En categoría Cadete Masculina:
3º Iago Vázquez Blanco, do CD Fervello, coa puntuación total de 84.61
En categoría Cadete Feminina:
12ª Alba Morales Pedreira, do CP Lenda, coa puntuación total de 71.30
En categoría Infantil Feminina:
15ª Martina Álvarez Iglesias, do Arealonga Chapela, coa puntuación total de 46.98
En categoría Alevín Feminina:
17ª Sofía Varela Novoa, do CD Fervello, coa puntuación total de 30.82
Desde a FGP queremos darlles os parabéns polo seu esforzo e resultados.