Hoxe, venres 3 de febreiro, tivo lugar a VIII edición da Gala del Patinaje as 19:00. Celebrouse en Madrid, no Pabellón Goyeneche do Comité Olímpico Español.
Nesta gala entregáronse distintos premios aos deportistas, clubs, xuíces, membros federativos e entidades que destacaron ou acadaron diferentes logros, a nivel mundial e europeo, durante o pasado ano 2022.
Xa se coñecía a listaxe das distincións e, nela, atopábanse varios galegos (Galardonados na Gala del Patinaje).
Nesta edición da Gala del Patinaje otorgáronse os premios, por un lado, polo Comité Olímpico Español e por outro, pola propia Real Federación Española de Patinaje.
Os galegos que se levaron algunha distinción foron os seguintes:
O Comité Olímpico Español premióu a Chevi Guzmán (SFV Vigo) e a César Carballeira (Deportivo Liceo) coas medallas olímpicas en patinaxe de velocidade e hóckey sobre patíns respectivamente. A insignia olímpica foi entregada a Ignacio González Pereira, vicepresidente da Federación Española de Patinaje.
Doutra banda, a Federación Española de Patinaje premióu coa placa de ouro ao CAA Dominicos (hóckey sobre patíns) e coa insignia de ouro a Alejandro Pérez García pola súa labor neste mesmo club.
A RFEP tamén otorgoulles a Chevi Guzmán e a Manuel Taibo (SCD Rabadeira), ambos de patinaxe de velocidade, a medalla e diploma do mérito a campións do mundo sénior e junior e campións de Europa sénior no 2022.
Finalmente, Lucas Yáñez (CP Maxia) de patinaxe artístico, xunto con Chevi Guzmán e Manuel Taibo, leváronse o Trofeo Conmemorativo para as medallas de ouro nos World Skate Games en Arxentina.