Con formato de semifinais e final, este domingo 2 de abril dispútase a Copa Federación de Hóckey Liña da categoría Infantil cos catro equipos clasificados na Primera Fase celebrada na Coruña o pasado 19 de marzo. Lóstregos HóckeySale e Meiguiñas enfrontaranse na primera semifinal ás 11:15 no derbi dos conxuntos de Lugo mentras que na outra, que comezará ás 13:45, terá entre si aos equipos de A Guarda HL contra Lóstregos Olimpo XXI. A final, cos vencedores das respectivas eliminatorias celebradas pola mañá, será ás 17:45 horas no pavillón de Vite de Santiago de Compostela, onde se alternarán os partidos coa Final a 4 da categoría Infantil de Hóckey sobre Patíns.