O vindeiro domingo, no transcurso da Sede da categoría Masculina de Hockey Liña, a Federación Galega de Patinaxe e o Concello de Lugo, así coma os diferentes clubes, compañeiros e amigos ofrecerán unha homenaxe a Alejandro Núñez Rouco, Árbitro Nacional e ex-xogador de Hockey Liña falecido recentemente.
Ás doce e media da mañá e no transcurso da Competición o Concelleiro Jorge Bustos e María Jesús Vázquez, Presidenta da Federación Galega de Patinaxe entregarán un recordo ós familiares de Alejandro Núñez coma agradecemento a todo o traballo desenvolto por e para o deporte.