A Segunda Sede da Liga Galega Senior Masculina de Hóckey Liña, que se celebrou este domingo 16 de decembro, serviu para estrear nunha competición oficial a pista do pavillón da Carballeira, recentemente adaptada para a práctica desta modalidade aínda que noutras circunstancias xa se disputaran partidos da mesma na tempada pasada.
Foi un día cheo de emocións con dúas xornadas moi emocionantes e intensas, unha disputada pola mañá con catro encontros e outra pola tarde con outros tantos. A pesar das dúas vitorias do ata o de agora líder provisional, Lóstregos, a segunda delas con moita incertidume ao vencer por un axustado 2-1 ante A Guarda HL, o equipo de Lugo perde a primeira praza tras catro xornadas, xa que a súa derrota no partido adiado correspondente á sétima xornada disputado o venres no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo ante Lóstregos Master deixa a estes como líderes provisionais con catro vitorias e un empate, siendo xa o único conxunto que permanece invicto.
Ademais, a sede de Ourense deixa moi boas sensacións en Brigantium e A Guarda HL, que manteñen un bonito pulso pola terceira praza. Desta quenda o organizador e anfitrión, Morcegos HL, non puido ofrecer aos seus siareiros unha vitoria, sendo derrotado nos dous partidos ante complicados rivais como Lóstregos Master e Brigantium.
A seguinte sede disputarase o día 10 de febreiro de 2019 en Vigo e nela xogaranse os encontros correspondentes ás xornadas 8 e 9, pois os partidos da quinta, sexta e sétima xornadas non o farán en formato de sede, como é habitual nesta competición.
Resultados e clasificación
[Fotos: Paco López e Lóstregos HL]
#eupatino