Esta pasada fin de semana disputouse no Polideportivo Os Campóns, en Cambre, e organizada polo Club local, a F4 Senior masculina de hóckey a patíns, na que o HC Raxoi impúxose na final ao Escola Lubiáns.
Na loita polo 3º e 4º posto, o CH Compostela derrotaba ao anfitrión, HC Cambre.
Á entrega de trofeos acudiu a Alcaldesa do Concello de Cambre, o Concelleiro de Deportes e a Presidenta da FGP.