PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Mar 25

HC Liceo e CH Compostela “A”, campións galegos de Hóckey sobre Patíns nas categorías Junior e Infantil

O HC Liceo na categoría Junior, sendo o único equipo do fin de semana que gañou os tres partidos disputados, e o CH Compostela “A” na Infantil, que tivo que agardar ata a derradeira xornada, lograban esta tarde os primeiros títulos autonómicos da tempada tras as ligas regulares, que se estiveron disputando desde onte no pavillón de Monte Alto da Coruña.

Con tres victorias nos partidos xogados na Final a 4 da categoría Junior, o HC Liceo lograba o título e pasará á Fase de Sector os días 13, 14 e 15 de abril, tamén en Monte Alto, onde xunto a Club Compañía de María e Club AA Dominicos buscarán cos equipos asturianos clasificados as dúas prazas para o Campionato de España que este ano será en Grado (Asturias).

Máis emoción houbo na categoría Infantil, pois CH Compostela “A” soubo recuperarse da súa derrota no primeiro partido da Final a 4 contra HC Liceo “A”, polo que o derradeiro encontro celebrado este domingo 25 de marzo pola tarde ante Club Compañía de María “A” constituía unha final para ambos, xa que o gañador ía ser quen levaría o título autonómico. Finalmente, nun encontro con moita tensión, un solitario tanto proclamaba aos composteláns como campións galegos, polo que acudirán tamén os días 13, 14 e de abril á Fase de Sector acompañados por Club Compañía de María “A” e HC Liceo “A” en Oviedo (Asturias), buscando os tres cos equipos asturianos a clasificación para o Campionato de España en Malgrat de Mar (Barcelona).

Resultados e clasificacións

[Fotos: GaliciaNHockey]

#eupatino

HP-2018-03-23.24-F4-Junior-LiceoHP-2018-03-23.24-F4-Junior-Infantil

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL