H. C. Raxoi A e Club Compañía de María veñen de proclamarse campións galegos Infantil e Júnior respectivamente esta pasada fin de semana do 13 e 14 de abril no pavillón de Vite de Santiago de Compostela (A Coruña), na celebración das Finais a 4 de Hóckey sobre Patíns de ambas categorías que se desenvolveron nas dúas xornadas organizadas por C. H. Compostela e a Federación Galega de Patinaxe.
Na Infantil e cun magnífico ambiente no polideportivo compostelán, houbo derbi local na final con H. C. Raxoi A enfrontándose a C. H. Compostela A, sendo os primeiros quen de derrotar aos anfitrións para lograr o título galego o que lles garantiza, xunto aos finalistas e a Club Compañía de María A, que vencía na final de consolación a Club A. A. Dominicos A, estar na fase de sector norte que se disputará tamén en Vite do 3 ao 5 de maio.
Pola súa banda, Club Compañía de María era o campión Junior logo de gañar a A. C. Órdenes na final, evidenciando así o porque remataron a fase regular da competición como líderes. Ademais, H. C. Liceo era o terceiro conxunto clasificado para a fase de sector norte, que se xogará os mesmos días que a Infantil, pero neste caso en Oviedo.
Resultados | Pavillón de Vite – Santiago de Compostela (A Coruña)
SEMIFINAIS – Sábado, 13 de abril de 2019
[JÚNIOR] Club Compañía de María A 6 – 3 H. C. Liceo
[JÚNIOR] A. C. Órdenes 2 – 1 Club A. A. Dominicos
[INFANTIL] Club A. A. Dominicos A 2 – 4 H. C. Raxoi A
[INFANTIL] C. H. Compostela A 2 – 1 Club Compañía de María A
FINAIS – Domingo, 14 de abril de 2019
[INFANTIL] Club A. A. Dominicos 1 – 3 Club Compañía de María A
[INFANTIL] H. C. Raxoi A 3 – 1 C. H. Compostela A
[JÚNIOR] H. C. Liceo 5 – 2 Club A. A. Dominicos
[JÚNIOR] Club Compañía de María A 7 – 0 A. C. Órdenes
#eupatino