I. PRÁCTICA DA ACTIVIDADE FÍSICA OU DEPORTIVA NON FEDERADA
. I.1. Toda a Comunidade Autónoma.
1. Como practicar actividade física ou deportiva.
– So poderá realizarse ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire libre, de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización de máscara. Non se considera práctica individual a actividade física ou deportiva de 1×1 entre non conviventes.
– Se fora preciso, as persoas con discapacidade poderán realizar a práctica con guía ou cunha persoa de apoio.
– Está permitida a actividade cinexética, así como a práctica da pesca fluvial e marítima, deportiva e recreativa, en todas as súas modalidades, sempre que se realicen con carácter individual ou con persoas conviventes.
– En todo caso, a práctica da actividade física ou deportiva realizarase respetando os límites perimetrais e de horario nocturno establecidos.
2. Obriga do uso da máscara.
– O uso de máscara será exixible en todo momento durante a realización da práctica deportiva individual ao aire libre.
3. Lugares para a práctica
– Práctica en instalacións e centros deportivos.
Permítese a práctica da actividade física e deportiva non federada, de forma individual, en instalacións deportivas ao aire libre.
O resto de instalacións deportivas, conforme ao disposto no artigo 4 da orde do 15 de febreiro de 2021, permanecerán pechadas.
-Práctica noutros espazos.
o Os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas skate ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.
o Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física. O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada, nos termos previstos no número 1.3 do Acordo do Consello da Xunta, do 12 de xuño de 2020, na súa redacción vixente.
o Deberán aplicarse as medidas de hixiene e prevención establecidas, especialmente no que se refire a proceder diariamente á limpeza e desinfección destes espazos nas áreas de contacto das zonas comúns, tales como xogos das zonas infantís, aparellos de actividade física ou outro mobiliario urbano de uso compartido.
o Recoméndase dispor neses espazos, especialmente no que se refire a parques infantís, de dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida, debidamente autorizados e rexistrados, ou dunha solución xabonosa no caso de espazos para menores de dous anos de idade.
3 4. Restricións de mobilidade e de horario nocturno.
– En todo momento deberán de respetarse ás limitacións perimetrais e de horario nocturno establecidos.
II. PRÁCTICA DO DEPORTE FEDERADO.
1. Deporte Federado de nivel nacional.
a. Protocolos aplicables.
– As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.
o O Protocolo de referencia será o Protocolo de actuación para la vuelta de competiciones oficiales de ámbito estatal y carácter no profesional, aprobado polo Consejo Superior de Deportes, así como no seu caso o Protocolo reforzado que aprobe cada unha das Federacións Deportivas Españolas.
o Modalidades deportivas que impliquen contacto:
Equipos/deportistas galegos:
Realizar test serolóxicos ou probas similares cada 14 días naturais.
Equipos/deportistas procedentes doutras comunidades autónomas que se despracen á Comunidade Autónoma de Galicia:
Realizar test serolóxicos ou probas similares en orixe polo menos entre 72 e 24 horas previas á celebración da proba/partido/competición. Comunicar con idéntica antelación ás autoridades sanitarias autonómicas a relación das persoas integrantes da expedición trasladada a Galicia, segundo o formulario establecido: https://desprazamentos-deportivos.xunta.gal/portada
No caso de desprazarse desde zonas de alta incidencia de COVID19 deberán ter en conta o sinalado no seguinte enlace: https://www.sergas.es/Saude-publica/benvidaviaxeirxs?idioma=es
b. Instalacións deportivas.
Poderán permanecer abertas as instalacións deportivas nas que se celebren adestramentos ou competicións de ámbito federado nacional.
Vestiarios e zonas de ducha: poderán ser usados cunha ocupación de ata o 30 % da capacidade máxima permitida, e procederase á limpeza e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada. c. Restricións de mobilidade e de horario nocturno.
Quedan exceptuados de tales limitacións aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se realicen en cumprimento de obrigas laborais e profesionais, conforme o disposto na letra b) do número 2 do punto primeiro e na letra d) do apartado 4 do Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro.
Quedan exceptuados de tales limitacións aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, para adestramentos ou competicións de ámbito federado autonómico, conforme o disposto na letra n) do número 2 do punto primeiro e na letra h) do apartado 4 do Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro, e nos artigos 5, d), h) e 6, b), k) do Real Decreto 926/2020, do 25 de outubro.
d. Asistencia de público a eventos, adestramentos e competicións deportivas de ámbito Estatal que se celebren en instalacións deportivas ou na vía pública.
Non se permite.
5 2. Deporte Federado de ámbito autonómico.
a. Protocolos aplicables. A práctica da actividade deportiva federada de ámbito autonómico, adestramentos e competicións, axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados.
b. Instalacións deportivas.
Poderán permanecer abertas as instalacións deportivas en que se celebren adestramentos ou competicións de ámbito federado autonómico.
Vestiarios e zonas de ducha: poderán ser usados cunha ocupación de ata o 30 % da capacidade máxima permitida, e procederase á limpeza e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada. c. Restricións de mobilidade e de horario nocturno.
En relación coas limitacións da entrada e saída de persoas en determinados ámbitos territoriais e de horario nocturno, previstas no apartado primeiro e no apartado cuarto do Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2, exceptúanse:
a. Aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se realicen en cumprimento de obrigas laborais e profesionais, conforme o disposto na letra b) do número 2 do punto primeiro e na letra d) do apartado 4 do Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro, así como, segundo o disposto na letra n), calquera outra actividade de análoga natureza (inclúense ás persoas técnicas ou adestradoras).
b. Aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, para adestramentos ou competicións de ámbito federado autonómico, conforme o disposto na letra n) do número 2 do punto primeiro e na letra h) do apartado 4 do Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro.
Considéranse adecuadamente xustificados os seguintes:
1ª) Que o desprazamento estea xustificado pola realización dun adestramento vinculado á participación nunha competición incluída no calendario oficial da correspondente federación deportiva ou pola participación nunha competición deste tipo. A estes efectos, como norma xeral, para esta excepción establécese un período previo de 4 semanas á celebración da competición. No caso de que a federación galega correspondente estime que este prazo é insuficiente para que o equipo/deportista prepare esa competición, deberá solicitar a súa autorización á Secretaría Xeral para o Deporte.
2ª) Que non existan alternativas de realización do adestramento e/ou da celebración da competición nun ámbito territorial que non exixa un desprazamento afectado polas limitacións á liberdade de circulación vixentes.
3ª) Que o desprazamento se realice por algunha ou algunhas das seguintes persoas:
1) Por persoas deportistas federadas participantes en competicións oficiais cun calendario aprobado para a tempada 2020/2021.
3) No caso de acreditarse a súa necesidade, sparrings das persoas deportistas federadas de alto nivel, de alto rendemento deportivo ou incluídas en programas de tecnificación e rendemento deportivo, recoñecidas polo Consejo Superior de Deportes ou pola Secretaría Xeral para o Deporte ou órgano autonómico competente da Administración autonómica. 4) Outro persoal autorizado (delegados, etc.)
4ª) Que a persoa que se desprace porte, durante o desprazamento, un certificado, segundo o modelo adxunto, da correspondente federación ou club deportivo federado co seguinte contido mínimo:
1) Identificación da persoa que se despraza e da súa participación nunha competición incluída no calendario oficial da correspondente federación deportiva.
2) Lugar do adestramento xustificando a súa vinculación coa participación nunha competición incluída no calendario oficial da correspondente federación deportiva e/ou lugar da competición.
3) Data e horario de realización do adestramento e/ou da celebración da competición
4) Xustificación da non existencia de alternativas de realización do adestramento e/ou da celebración da competición nun ámbito territorial que non exixa un desprazamento afectado polas limitacións á liberdade de circulación vixentes.
No caso de certificacións emitidas polos clubs, estes deberán comunicar á Federación respectiva un listado dos mesmos, a efectos do seguimento e verificación por parte destas.
As Federacións Deportivas Galegas remitirán semanalmente á Secretaría Xeral para o Deporte a información sobre os certificados emitidos, coa relación nominal dos deportistas e outros axentes autorizados.
d. Asistencia de público a eventos, adestramentos e competicións deportivas de ámbito Estatal que se celebren en instalacións deportivas ou na vía pública. – Non se permite.
III. OUTROS SUPOSTOS.
Calquera outra cuestión respecto á práctica de actividade física e deporte non contemplada nesta guía, trasladaráselle á Secretaría Xeral para o Deporte a efectos do seu estudo e a súa concreta interpretación.
IV. ENTRADA EN VIGOR As medidas previstas terán efectos desde as 00.00 horas do día 17 de febreiro de 2021 e estenderán a súa eficacia ata as 00.00 horas do día 3 de marzo de 2021.