Tamén a modalidade de Patinaxe de Velocidade contou este fin de semana (27 e 28 de xaneiro) en Sada (A Coruña) coa súa primeira tecnificación baixo a supervisión do seleccionador nacional, Garikoitz Lerga. Organizado pola Federación Galega de Patinaxe, as dúas xornadas celebráronse no pavillón municipal ao considerar que as condicións meteorolóxicas non eran as máis adecuadas para facelo na pista exterior.
Ás sesións de adestramento acudiron 65 patinadores e patinadoras das categorías Prebenxamín ata Senior representando aos clubes galegos Sada Patín, Rabadeira, Alquimia e FSV, aínda que tamén estiveron como convidados representantes do Club Patín Bierzo de Ponferrada. Ao excelente compromiso e dedicación mostrado por Garikoitz Lerga, a F. G. P. quere agradecer tamén a colaboración de Mario López de Diego para a organización destas xornadas, destacando ademais o magnífico aproveitamento que delas fixeron todos os participantes, quen seguramente extraerían moitas conclusións para mellorar o seu rendemento deportivo.
#eupatino