A seleccións galegas Masculina Sub 16 e Feminina Sub 18 disputan desde este xoves 13 de xuño e ata o próximo domingo 16 unha nova edición dos Campionatos de España de Seleccións Autonómicas de Hóckey sobre Patíns.
Nos polideportivos Francisco Laporta e no pavillón Miguel Sarasa de Alcoi inicia a selección Masculina a competición o xoves no grupo A, xunto a Castela e León, Cataluña, Asturias e Euskadi co obxectivo de acadar as semifinais, que se celebrarán o sábado.
A Feminina xogarán no polideportivo municipal de Cocentaina, tamén na provincia de Alicante, onde quedou encadrada no grupo B nunha fase previa na que se enfrontará a Castela e León, Asturias e Valencia, tamén coa premisa de estar nas semifinais do sábado, comezando a xogar o venres pola mañá.
Calendario e horarios Masculino
Calendario e horarios Feminino
SELECCIÓN GALEGA MASCULINA
Alejandro Fraga Montero (Club A. A. Dominicos), Hugo Mosquera Ares (Club A. A. Dominicos), Luis García Becerra (Club A. A. Dominicos), Eloi Martínez Edreira (H. C. Liceo), Marcos Vieites del Río (A. C. Órdenes), Bruno Saavedra Rodríguez (C. H. Compostela), Marcos Vaamonde Couto (C. H. Compostela), Martín Arosa Otero (H. C. Raxoi), Adrián Pérez Villamarín (Club Compañía de María), Jacobo Castellanos Iglesias (Club Compañía de María).
SELECCIÓN GALEGA FEMININA
Estela Aradas Rúa (Diver Patín C. D.), Alba Pampín Vilares (C. H. Compostela), Irene Regueiro Zapico (C. H. Compostela), Antía Rivadas Maroño (H. C. Raxoi), Marta Vilas Martínez (Club Compañía de María), María Hernández López-Sors (Club Compañía de María), Paula Jiménez Lendoiro (Club Compañía de María), Alba Díaz Sola (H. C. Borbolla), Cristina Diz Gómez (H. C. Cambre), Ainhoa Loureiro Díaz (H. C. Liceo).
#eupatino