A Selección Galega Masculina proclamouse Campioa de España no Campeonato de Selecciones Sub15 disputado en Burguillos del Cerro, Badajoz, esta fin de semana.
O combinado galego arrancaba gañando á Seleccion de Euskadi por 6 – 1. Partido a partido foron sucumbindo o resto de rivales do seu grupo: Comunidad Valenciana, Andalucía e Navarra.
Como campións de Grupo enfrontaronse en semifináis a Madrid, á que tamén derrotaron por 3 – 2, conseguindo o pase á Final.
Na ansiada final, volvíanse a ver as caras coa Comunidad Valenciana, nun partido moi intenso que finalizaba en empate (1-1), co que chegábase á prórroga na que non se ía mover o marcador.
Tocaba desempatar por medio dos penaltis e, ahí, a nosa selección non perdonou. Os nosos rapaces facían historia gañando a final e proclamábanse CAMPIÓNS DE ESPAÑA de Seleccións Autonómicas Sub15 Masculino.
Estos son os nosos «Chicos de Ouro», adestrados por Jose Ramón López Regos e Fernando Rodríguez García:
1- Dany Fuentes Gómez
2- Arón Torrado Mareque
3- Kiko García Vazquez
4- Lucas Fernández Rivas
5- Samu Pose Rivera
6- Hugo Mareque Santos
7- Diego López Iglesias
8- Pedrito García Corrales
9- Bruno Bologna Moro
10- Ivan Recouso Figueira
Clasificación final de Seleccións:
Campioa: Galicia
Subcampioa: Comunidad Valenciana
3° clasificada: Cataluña
4° clasificada: Madrid
5° clasificada: Euskadi
6° clasificada: Andalucía
7° clasificada: Asturias
8° clasificada: Extremadura
9° clasificada: Navarra
10° clasificada: Cantabria
Por outra banda, a Selección Feminina, dirixida por Ainhoa García López e Manuel Ruibal, quedaba en 5° posición tras derrotar na loita polo 5° e 6° posto a Navarra por un 2 – 0.
Una novísima Selección que foi medrando día a día ao longo de todo o Campeonato, disputado en Jerez de los Caballeros, Badajoz.
Na fase de grupos comezaron cunha derrota ante Cataluña despois dun gran partido. Axustada derrota ante Euskadi e merecido e traballado empate ante Andalucía 2 – 2.
Xa na loita polos postos fináis, acadaban a vitoria ante Cantabria por 6 – 3 antes de derrotar no último partido a Navarra.
Clasificación final de Selecciones:
Campioa: Cataluña
Subcampioa: Madrid
3° clasificada: Asturias
4° clasificada: Euskadi
5° clasificada: Galicia
6° clasificada: Navarra
7° clasificada: Andalucía
8° clasificada: Cantabria
Desde a Federación Galega de Patinaxe queremos felicitar a todas as xogadoras e xogadores polo seu esforzo e comportamento a pesar da tremenda calor que nos tocou pasar.