A VIII edición da Gala del Patinaje terá lugar o venres 3 de febreiro as 19:00 no Pabellón Goyeneche do Comité Olímpico Español, en Madrid.
Os premios otórganse a deportistas, árbitros, xuíces, clubes, membros federativos e distintas entidades vinculadas aos distintos deportes, que foron destacados no pasado ano 2022 polos seus logros nos campeonatos de Europa e do Mundo.
A listaxe destas distinciones da Real Federación Española de Patinaje ten, por un lado, os galardonados polo COE e por outro, os galardonados polo propia RFEP. Nesta listaxe atopamos varios galegos.
Entre os premiados polo Comité Olímpico Español están Chevi Guzmán, do SFV Vigo (patinaxe de velocidade) e César Carballeira, do Deportivo Liceo (hóckey sobre patíns), coas medallas olímpicas. Tamén se premiará coa insignia olímpica a Ignacio González Pereira, vicepresidente da Federación Española de Patinaje.
Chevi Guzmán.
César Carballeira.
Os galegos galardonados pola Real Federación Española de Patinaje son os seguintes:
O CAA Dominicos (hóckey sobre patíns), coa placa de ouro e Alejandro Pérez García, que se lle otorga unha insignia de ouro polo seu traballo no mesmo club.
Chevi Guzmán, tamén galardonado polo COI, e Manuel Taibo, da SCD Rabadeira, ambos de patinaxe de velocidade, recibirán a medalla e diploma do mérito da RFEP a campións do mundo sénior e junior e campións de Europa sénior 2022.
Manuel Taibo.
E por último, o Trofeo conmemorativo para as Medallas de Oro nos World Skate Games, o levarán Lucas Yáñez, do CP Maxia (patinaxe artístico), Chevi Guzmán e Manuel Taibo.
Lucas Yáñez.