Como xa publicamos hai algunhas semanas, as ligas autonómicas de Hóckey Liña das categorías Feminina e Benxamín non disputan as súas competicións de liga regular co formato habitual de sedes, senón que se van programando os partidos atendendo á dispoñibilidade dos clubes. Este sábado, 27 de xaneiro, o Pazo dos Deportes de Riazor da Coruña terá unha pequena xornada con dous encontros da Feminina e un de Benxamín, que no caso das mozas servirá para inaugurar a liga cun interesante enfrontamento entre Brigantium e CHL Meigas (17:00 horas) da xornada 1 mentres que ás 19:30 comezará o correspondente á xornada 5, que disputarán ADC Alquimia Inline e CHL Meigas. No medio de ambos, xogarase o ADC Alquimia Inline-MiniMeigas de Benxamín -xornada 8- desde as 18:15 horas, aínda que o domingo 28 tamén se celebrará no pavillón de Bouzas en Vigo o da xornada 12 entre Vigo Blue Ringed e Morcegos HL de Ourense (10:00), nunha categoría que ata o momento domina Peque Lóstregos con cinco vitorias noutros tantos partidos xogados.
#eupatino