O pavillón Daniel Cordido Castro do barrio da Piringalla en Lugo acollía onte domingo a Terceira Sede da Liga Galega Benxamín de Hóckey Liña, coas xornadas 7, 8 e 9 da competición e que rematou cunha certa sorpresa, pois o líder provisional, Lóstregos Kids, empataba a cero contra o Lostreguiños, polo que Feiticeiras, que gañaba os seus dous encontros, está agora a un punto de Lóstregos Kids, igualando así o número de partidos disputados, ambos os dous con oito, e que terá na vindeira sede o 9 de abril en Lugo o enfrontamento directo entre eles.
Tamén hai que salientar que o próximo domingo se celebrará a Copa Federación da categoría Infantil na Coruña, da que vos ofreceremos o correspondente avance esta semana.