O pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo acollía o pasado domingo, 15 de xaneiro, a Segunda Sede da Liga Galega de Hóckey Liña na categoría Benxamín. Os máis pequenos ofreceron ó numeroso público que ateigou o recinto da Piringalla unha emocionante xornada de hóckey liña no que primou o bo ambiente entre tódolos equipos e con partidos de moi bo nivel, a pesares da pouca experiencia da meirande parte dos participantes.
No aspecto meramente deportivo, salientar que a clasificación está comandada por Feiticeiras e Lóstregos Kids ocupando a primeira e segunda praza respectivamente con 15 puntos, aínda que os primeiros con un partido máis e unha derrota, sendo perseguidos de preto por Peque Lóstregos con 12. A seguir están os Morcegos con 6 e pechando a clasificación Mini Meigas e Vigo Blue Ringed con 3 puntos cadanseu, mentres Lostreguiños non puntuou de momento en ningún partido. A Terceira Sede da competición disputarase o domingo, 12 de marzo.
[Foto: Rosa Veiga]