O mundo do hóckey liña galego chora o pasamento no día de onte do Árbitro Nacional Alejandro Núñez Rouco.
O xove lucense recibiu sepultura no día de hoxe e recibiu mostras de cariño de Clubs, xogadores e árbitros da disciplina.
Cómpre sinalar que, ademáis de ser un recoñecido Árbitro Nacional, Alejandro foi tamén un dos pioneiros do hóckey liña galego nos primeiros pasos da disciplina, sendo unha persoa moi querida no deporte galego.
Desde a FGP queremos darlle o pésame a súa familia e a todos os seus achegados.