Gran éxito de participación na segunda tecnificación da modalidade libre (artística) realizada polo técnico italiano internacional Paolo Colombo no Pino esta fin de semana, na localidade coruñesa de O Pino, O Pedrouzo.
Patinadoras e patinadores que na pasada tempada competiron na categoría nacional participando nos campionatos galegos e/ou nacionais no 2021, participaron nesta convocatoria acompañadas/os polas/os súas/seus adestradoras/es.
Todas/os as/os participantes traballaron duro e con moita ilusión ao longo destas xornadas de grande interés marcándose nelas a liñas xerais de traballo que serán tidas en conta nos seus adestramentos diarios.










