Os días 19 e 20 de marzo 2022 desenvolveuse a 1ª tecnificación da modalidade de libre (artístico) impartida polo técnico internacional italiano Paolo Colombo, na localidade coruñesa de O Pino, O Pedrouzo.
Patinadoras e patinadores recén ascendidos das preseleccións á 1ª categoría nacional de tres sectores (Pontevedra, Coruña e Santiago de Compostela) participaron nesta convocatoria acompañadas/os polas/os súas/seus adestradoras/es.
Todas/os as/os participantes traballaron duro e con moita ilusión ao longo destas xornadas de grande interés marcándose nelas a liñas xerais de traballo que serán tidas en conta nos seus adestramentos diarios.
Agradecer ao Concello de O Pino a súa colaboración no empréstimo das súas instalacións deportivas para o desenvolvemento deste proxecto deportivo federado.











