O pasado sábado 16 de setembro celebrouse o Curso de Anotadores e Árbitros de Hockey Liña en Lugo.
A xornada desenvolveuse nas instalacións do pavillón Daniel Cordido de Lugo e no salón de actos do Centro de Convivencia María Balteira. Contou coa participación de 21 Árbitros e 70 anotadores, dos que 47 realizaron a formación en formato online e 33 en formato presencial.
As xornadas formativas estiveron a cargo de Ramón Córdoba Díaz de Laspra, Árbitro Internacional de Hockey Liña.