PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Jul 19

Eurohockey: resumen día 6

Palacio dos Deportes de Riazor – A Coruña | 19 de xullo de 2018

A derradeira xornada da fase previa de grupos, no sexto día de competición, abríase co Holanda-Bélxica no cal quedarían decididas as dúas derradeiras prazas do grupo B. Vitoria para os holandeses cun marcador final de 10-5 e no que sorprendían os cinco tantos dos belgas, máis dos que ata o momento marcaran nos catro encontros xogados anteriormente.

Andorra enfrontábase no seguinte encontro da mañá a unha Austria condenada xa a loitar polas posicións do noveno ao undécimo lugar xunto ás citadas Holanda e Bélxica. Bo partido dos do Principado, que vencían 6-0 aos austríacos.

Para a tarde agardaban os que ata o momento se prevían como os mellores partidos do Eurohockey2018 e nos cales se ían decidir a primeira e segunda prazas dos grupos A e B. Vibrante resultou o Alemaña-Inglaterra, que ao descanso parecía cousa dos teutóns cun 3-1 e o cuarto mediado o segundo periodo. Un minuto de tolemia dos ingleses poñía o empate a trece para o final, pero Alemania apretaba nos instantes finais e levábase un bonito encontro por 8-4 para ser terceira do grupo B mentres Inglaterra finalizaba cuarta.

Vibrante foi o partido entre España e Italia, ata o momento no que menos goles se marcaron de todo o campionato. Aínda que ambas seleccións tiveron moitas ocasións para mandar a bóla á rede, só puideron marcar os de Alejandro Domínguez por parte de Ignacio Alabart no primeiro periodo e Jordi Adroher no segundo de falta directa. O conxunto de Massimo Mariotti tivo unha ocasión clarísima para empatar no derradeiro minuto do primeiro tempo, ao quedarse España con só dous xogadores de pista tras un dobre cartón azul a Raúl Marín, pero Nil Roca e Eduard Lamas aguantaron moi ben as embestidas dos italianos.

Antes do inicio do Portugal-Francia, derradeiro encontro da fase previa de grupos, gardouse un minuto de silencio polo falecemento do exjugador do Sporting C. P. João Sobrinho, que foi internacional con Portugal gañando coa selección lusa o Europeo de 1977 e o Mundial de 1982. A primeira parte finalizaba con sorpresa, pois Francia poñíase por diante cun 1-3 ante un Portugal que estaba sendo inferior e non vía porta con facilidade. Francia marcaba o cuarto cando parecía que a remontada dos xogadores de Luís Sénica xa non se ía a producir, pero aos poucos os portugueses fixéronse donos do partido logrando finalmente a vitoria por 5-4, polo que serán primeiros do grupo A. Os horarios e os partidos de mañá coas eliminatorias de cuartos de final quedan así:

10:00 | Austria – Holanda

12:30 | Alemaña – Francia

17:30 | Andorra – Italia

20:00 | Suiza – España

22:00 | Inglaterra – Portugal

Galería de imaxes día 6

www.eurohockey2018.gal

info@eurohockey2018.gal

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL