Despois de ter sido aprazada o pasado mes de abril a final da Liga Galega de Roller Derby polas inadecuadas condicións da pista do pavillón de Oira, será de novo a cidade de Ourense o lugar elixido para decidir quen acadará o título de campión galego, no partido que disputarán Sereas Bravas Roller Derby Vigo e Jabatas de Ourense o sábado 13 de xullo na pista central do pavillón municipal dos Remedios a partir das 19:00 horas, sendo o acceso ás gradas de balde. Alí vos esperamos a todos nunha magnífica oportunidade para coñecer unha novidosa modalidade que pouco a pouco se vai abrindo oco na patinaxe.
#eupatino