PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Abr 12

Este sábado 13 de abril dará comezo a Liga Galega Freestyle en Elviña.

O sábado 13 de abril Galicia estreará o Novo formato de Liga Galega Freestyle, na que oito equipos formarán parte de este evento piloto que pretende fomentar todas as disciplinas relacionadas co freestyle e o freeskate. A competición celebrarase no Pavillón de Elviña II, en A Coruña.

 

As probas son das modalidades de Roller Freestyle (Proba de Street), Skate Cross (proba de Roller Cross) e Inline Freestyle (con salto, battle e speed).

 

Esta será a primeira fase da Liga. Na segunda fase, que terá lugar no cuarto trimestre do ano, decidiranse os clubs campións da Liga ou de cada unha das disciplinas.

 

O horario da competición será o seguinte:
  • 10:00 – Apertura de portas, reunión de delegados e sorteo de grupos.
  • 10:30 – Roller Cross
  • 12:00 – Salto
  • 13:00 –  Street
  • 14:00 – Pausa para Xantar
  • 15:00 – Battle
  • 16:30 – Speed
  • 18:00 – Fin da xornada.

LigaGallegaFreestyle

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL