Este fin de semana os días 22 e 23 de maio levouse a cabo a 1ª tecnificación da modalidade de Solo Dance (artística) impartida pola técnica internacional portuguesa: Andreia Mª da Silva Cardoso, na localidade de coruñesa de Meicende.
Patinadoras e patinadores das categorías infantil a senior participaron nesta convocatoria acompañadas/os polas/os súas/seus adestradoras/es.
Desenvolvéronse sesións técnicas relacionadas coas danzas obrigatorias e libres que a maioría dos/as convocados/as terán que realizar nos vindeiros campionatos de España da súa modalidade; todas/os as/os participantes traballaron duro e con moita ilusión ao longo destas xornadas de grande interés marcándose nelas a liñas xerais de traballo que serán tidas en conta nos seus adestramentos diarios.
Agradecer ao Concello de Arteixo a súa colaboración no empréstimo das súas instalacións deportivas para o desenvolvemento deste proxecto deportivo federado.




