Co Lóstregos HL exercendo de anfitrión, este domingo 16 de outubro iníciase unha nova tempada da Liga Senior Autonómica da categoría Masculina de Hóckey Liña, cuxa Primeira Sede se celebrará no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo onde se disputarán as dúas primeiras xornadas da competición, arrincando o primeiro partido ás 10:00 da mañá entre os conxuntos de Morcegos de Ourense e Lóstregos HL de Lugo, mentres que pola tarde comezarán ás 15:00, polo que non haberá apenas descanso. Ademais destes, os outros equipos participantes son CHL Cabuxos de Lugo, ADC Alquimia InLine da Coruña, CPL Brigantium de Arteixo, A Guarda Hockey Liña da Guarda e Vigo Blue Ringed de Vigo. O sistema de competición que rexerá será o mesmo da tempada pasada, con liga regular enfrontándose todos contra todos nas diferentes sedes para, unha vez finalizada a mesma, pasar a disputar a Final a 4 cos catro primeiros clasificados daquela.
Por outra banda, tamén podedes consultar o calendario da Liga Senior Autonómica Feminina, que se poñerá en marcha o 17 de novembro.
Calendario Liga Senior Autonómica Masculina
Calendario Liga Senior Autonómica Feminina