O Skatepark O Couto, en Ourense, acolle este sábado 26 de abril as I Probas de Nivel de Roller Freestyle e o Open Freestyle Street Park, organizadas polo Club Unity Blading.
O Open Freestyle Street Park celebrarase de 11:00 a 19:00h. en categorías Sub 10 mixta, Sub 15 masculina e feminina, Sub 19 masculina e feminina e Sénior mixta.
As I Probas de Nivel (1 a 6) de Roller Freestyle terán lugar a partir das 16:30h., nas que calquera patinador poderá presentarse e obter o Nivel 1. Todos os que queran examinarse dos seguintes niveis (do 2 ao 6) deben contar con licenza federativa.