A 2ª Fase de Niveis 5 a 10 da modalidade libre de Pontevedra se celebrará o 3 de xuño no Pavillón Municipal Álvaro Pino, en Ponteareas.
O club organizador é o CPA Luar e a competición será en xornada de mañá e de tarde co seguinte horario:
Sábado pola mañá:
De 09:30 a 11:25 h. – Nivel 5
De 11:25 a 12:15 h. – Nivel 6
De 12:15 a13:00 h. – Nivel 7
De 13:00 a 13:30 h. – Nivel 8
De 13:30 a 14:00 h. – Nivel 9 y 10
Os clubs participantes na xornada de mañá son : Ourela, Patín Porriño, Rosaleira Mos, Luar, Ribex, Eixo Gondomar, AEHDE, A Estrada, EL Olivo, Salvaterra, Valladares, Nigrán, Rosalía e Salceda.
Sábado pola tarde:
De 16:00 a 17:20 h. – Nivel 5
De 17:20 a 18:35 h. – Nivel 6
De 18:35 a 19:35 h. – Nivel 7
De 19:35 a 20:10 h. – Nivel 8
De 20:10 a 20:30 h. – Nivel 9
Os clubs participantes na xornada de tarde son: Condado, Carpa, Bolboreta Redondela, Soutomaior, Castrelos, Ánfora, Arealonga Chapela, Balaidos, Vagalume, Coruxo e Indalo.