A Escola Lubiáns acadou a clasificación para a OK Bronce, a falta de dúas xornadas ligueiras. Os carballenses impuxéronse a Dominicos este fin de semana (6-1). Lubiáns xogará a fase de ascenso á OK Prata (segunda máxima categoría a nivel nacional), unha liguilla que disputarán os tres primeiros equipos galegos da competición autonómica de hoquei patíns, os tres mellores de Asturias e os outros dous primeiros de País Vasco e Navarra.
De esta liguilla sairá o equipo que ascenda a OK Prata. O cadro carballés xa se clasificou a esta fase de ascenso creada a tempada pasada.