O domingo 25 de xuño foron entregadas as medallas conmemorativas a todos os xogadores e equipos participantes nas ligas autonómicas de Hóckey sobre Patíns da tempada 2016-2017 das categorías Micro, Prebenxamín (1ª e 2ª División) e Benxamín (1ª e 2ª División). Os acto, como vén sendo habitual nos últimos anos, desenvolveuse no pavillón de Monte Alto da Coruña.