Positivo fin de semana para a Selección Galega feminina de Hóckey sobre Patíns, que baixo a dirección técnica de Estanis García se desprazaba ao Principado de Asturias para disputar dous partidos amigables. O sábado, 25 de febreiro, xogaban en Pola de Lena contra o Cuencas Mineras gañando por 2-4. Hoxe domingo, 26 de febreiro, tocaba enfrontarse en Xixón ante o Hostelcur, logrando unha nova vitoria por 2-5.