Este fin de semana disputouse o clásico Torneio Internacional de Natal de Hóckey sobre Patíns, coa rexión de Aveiro como organizadora e que se celebrou no pavillón da Escola Secundaria de Viriato en Viseu. O equipo de Galicia, dirixido nesta ocasión por Manuel Togores, gañaba os dous encontros celebrados onte ante Minho e Aveiro, deixando en ambos a súa portaría a cero e mostrando un magnífico rendemento en ataque. No enfrontamento de hoxe, non puido coa de Porto, cedendo por 1-0 nun disputado partido e demostrando ser as dúas seleccións máis fortes da competición.
#eupatino
RESULTADOS
Sábado, 16 de decembro de 2017
Xornada 1
Selección Aveiro 1 – 4 Selección Porto
Selección Minho 0 – 4 Selección Galega
Xornada 2
Selección Porto 2 – 0 Selección Minho
Selección Galega 5 – 0 Selección Aveiro
Domingo, 17 de decembro de 2017
Xornada 3
Selección Galega 0 – 1 Selección Porto
Selección Aveiro 3 – 3 Selección Minho