Esta fin de semana celebrouse a Fase de Sector de hóckey a patíns en categoría Sub17 Feminina, na que o DP Berenguela Axiltec proclamábase Campión tras gañar todos os seus partidos e, polo tanto, clasificábase para o Campionato de España a celebrar en Alcobendas do 16 ao 18 de maio.
A outra praza en xogo a levou o Subcampión CP Mieres.
Clasificación final:
Campión: DP Berenguela Axiltec
Subcampión: CP Mieres
3° clasificado: HC Cambre
4° clasificado: HC Raxoi
5° clasificado: Telecable HC
6° clasificado: HC Borbolla