PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Nov 28

Dominio lucense trala Primeira Sede da Liga Galega de Hóckey Liña nas categorías Infantil e Feminina

Onte domingo, 27 de novembro, iniciánbase as Ligas Galegas de Hóckey Liña Infantil e Feminina no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo, nunha apaixoante xornada que tivo partidos desde primeira hora da mañá ata ben entrada a tarde.

Na categoría Feminina, tanto o CHL Meigas coma o Lóstregos Feminino vencían con autoridade nos seus encontros, amosando unha maior experiencia competitiva e un nivel claramente superior. Cómpre destacar o debut do equipo Brigantium Arteixo, que se estreou onte en competición oficial facendo un bo papel a pesar de sufrir dúas derrotas. Ó remate do derradeiro encontro, os equipos Meigas e Lóstregos Feminino realizaron un acto en contra das violencias machistas, dentro da campaña Lugo en negro.

Mentres na outra categoría, a Infantil, os postos altos da clasificación tamén están copados por equipos da cidade das murallas, ocupando o Olimpo XXI Lóstregos a primeira posición despois de protagonizar a sorpresa da xornada tras derrotar ó Lóstregos Norte. Entre os máis novos, tamén vivimos un emocionante debut protagonizado polos nenos e nenas dos Trasnos de Ribadeo, equipo do Club de Hockey Illa Pancha.

[Fotos: Paco López]

Resultados e clasificacións

Galería de imaxes da Primeira Sede da Liga Galega Infantil e Feminina

 

web-Sede1-2016-DSC_0165web-Sede1-2016-DSC_0532

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL