O CAA Dominicos A proclamóuse campión galego en categoría xuvenil tras derrotar na final ao Compañía de María Azul con 4 a 2 nun cheísimo Polideportivo de Elviña II.
No partido polo 3º e 4º posto, o Deportivo Liceo B impoñíase ao AC Ordes por un 5 a 2.
A clasificación final foi a seguinte:
Campión: CAA Dominicos A.
Subcampión: Compañía de María Azul.
3º clasificado: Deportivo Liceo B.
4 clasificado: AC Ordes.
Estes 4 equipos participarán os vindeiros 21, 22 e 23 de abril na Fase de Sector, en A Coruña, na que están en xogo 2 prazas para o Campeonato de España.