PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Feb 22

Dobre cita este fin de semana para as seleccións galegas de Hóckey sobre Patíns

Completo programa o que teñen as seleccións galegas masculina e feminina para este fin de semana. Os mozos dirixidos por Juan Copa desprazaranse á cidade lusa de Ponte de Lima para participar na 14ª edición do Torneio Internacional de Carnaval, organizado pola Associação de Patinagem do Minho, no que será a continuidade aos xa disputados de Natal en Santa María da Feira e o de Reis en Valongo. Neste caso, os rivais serán os combinados habituais das rexións de Minho, Aveiro e Porto. Os dez xogadores convocados para a ocasión son os seguintes: Lucas Meléndrez, Santiago Miguélez, Tomás Villares, Sergio Casteláns e Ignacio Sáenz de Buruaga do Club Compañía de María; Javier Pérez, Uxío Corral, Xosé Calvo e Álex Fontes do CH Compostela; Álvaro Martínez do HC Liceo.

 

 

 

 

 

 

CALENDARIO E HORARIOS (En Galicia, unha hora máis)

Sábado, 25 de febreiro de 2017

Xornada 1

10:00 | Selección Minho – Selección Porto

11:30 | Selección Aveiro – Selección Galega

Xornada 2

17:45 | Selección Galega – Selección Porto

19:00 | Selección Aveiro – Selección Minho

Domingo, 26 de febreiro de 2017

Xornada 3

10:00 | Selección Porto – Selección Aveiro

11:15 | Selección Minho – Selección Galega

 

No que respecta á selección feminina, dirixida por Estanis García e a quen acompañará Miriam de la Fuente, xogarán dous partidos amigables no Principado de Asturias. O sábado pola tarde (18:30 horas) farano ante o Cuencas Mineras en Pola de Lena mentres o domingo (13:00 horas) enfrontaranse ao Hostelcur en Xixón. As once xogadoras convocadas son: Lucía Parga, Lara Yáñez, Lucía Yáñez e Rebeca Lomba do HC Borbolla; Naiara Vaamonde do CH Compostela; María Sanjurjo, María Castelo, Lucía Paz e Leticia Fernández do HC Liceo; Estela Aradas e Ainhoa Loureiro do CP Oroso.

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL