PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Mar 02

Dobre cita este fin de semana cos Campionatos Galegos de Patinaxe Artística

Despois da recente celebración dos Campionatos Galegos de Grupos Show, chega neste fin de semana a quenda dos correspondentes a Figuras Obrigatorias e Parellas de Danza. Por orde cronolóxica, o primeiro deles celebrarase o sábado 3 de marzo no pavillón municipal de Coruxo en Vigo, organizado polo CP Vagalume-Celtamotor. Ao mesmo tempo que o certame autonómico de Figuras Obrigatorias, a xornada iniciarase coa I Fase de Niveis de Figuras Obrigatorias que se desenvolverá desde as 10:00 ata as 13:30 para os niveis 1 o 4. Posteriormente, de 13:30 a 14:30, realizarase o Campionato Galego de Figuras Obrigatorias e a continuación a cerimonia de entrega de trofeos.

O domingo 4 de marzo, o Club Deportivo Fervello levará a cabo no pazo dos deportes de Arteixo o Campionato Galego de Parellas de Danza para as categorías Infantil e Cadete, cun programa horario de ambas categorías dividido entre os adestramentos e a competición desde as 10:00 horas ata as 12:00, celebrándose a continuación a entrega de trofeos.

Horarios e ordes de saída

#eupatino

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL