Avance Trofeo Xunta Só Dance e I Fase de Niveis Só Dance
Tócalle o turno este sábado, 18 de marzo, ao Trofeo Xunta de Só Dance e Parellas de Danza para os patinadores e patinadoras de 1ª Categoría, que competirán no pavillón municipal de Arteixo (A Coruña) baixo a organización do CD Fervello, na que terán presenza as categorías de Benxamín a Senior cun total de 21 inscritos en Só Dance e 9 en Parellas de Danza. Ademais aproveitarase para realizar a I Fase de Niveis, que se desenvolverá pola tarde no mesmo escenario.
Orde de saída Trofeo Xunta Só Dance
Avance Campionato Galego de Figuras Obrigatorias e I Fase de Niveis de Figuras Obrigatorias
Xa o domingo, 19 de marzo, teremos o Campionato Galego de Figuras Obrigatorias no pavillón do Carmen de Vigo (Pontevedra) en horario de mañá e organizado polo CP Vagalume, que tamén se fará coincidir coa I Fase de Niveis desta modalidade.
Orde de saída Figuras Obrigatorias
Máis información sobre horarios e clasificacións en http://www.artistico.fgpatinaxe.gal/