PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

May 26

Diver Patín C. D. dá a sorpresa e proclámase campión galego Sénior Feminino de Hóckey sobre Patíns

Mudaron todos os pronósticos previos tras os resultados e a clasificación producidos na fase regular da Liga Autonómica da categoría Senior Feminina de Hóckey sobre Patíns, que este domingo 26 de maio celebraba a Final a 4 entre os catro primeiros equipos clasificados na mesma.

Xa pola mañá, nas dúas semifinais, saltaba a sorpresa en ambas cos equipos clasificados na liga regular na terceira e cuarta prazas accedendo á final e deixando fóra da mesma aos teoricamente favoritos. Así, na primeira delas o Diver Patín C. D. derrotaba ao campión da fase regular, o H. C. Borbolla, por 1-4 mentres na segunda tamén era o C. H. Compostela o que acadaba o paso á final despois de vencer por 2-4 ao H. C. Liceo.

Un duro desenlace tanto para H. C. Borbolla como para o H. C. Liceo, que se vían así desprazados a xogar a final de consolación na que o terceiro posto sería para o Borbolla, tras derrotar ao H. C. Liceo por 3-0. Quedaba por disputar a final, nunha intensa xornada de Hóckey sobre Patíns no polideportivo de Monte Alto da Coruña, e onde os dous equipos composteláns tiñan que resolver o título galego da categoría. Foi un partido vibrante, con incertidume e alternancias no marcador, aínda que finalmente o título era para un Diver Patín C. D. que soubo resolver mellor as oportunidades que se lle presentaron cun tanto a tres minutos e medio para o final, nunha bola que quedaba morta diante da portaría do Compostela e que Sabrina Estebes pudo introducir na rede, deixando deste xeito o 3-2 definitivo.

Resultados e vídeos dos partidos

Galería de imaxes

H. C. Borbolla – H. C. Liceo (terceiro e cuarto posto)

Diver Patín C. D. – C. H. Compostela (final)

Entrega de trofeo e medallas

#eupatino

HP-2019-05-26-F4-Senior-Feminina (4) HP-2019-05-26-F4-Senior-Feminina (5) HP-2019-05-26-F4-Senior-Feminina (3) HP-2019-05-26-F4-Senior-Feminina (2)

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL