Con moito ambiente nas gradas do pavillón de Bouzas en Vigo, disputouse o pasado domingo (19 de febreiro) a Cuarta Sede da Liga Galega Masculina de Hóckey Liña, á que se chegaba para disputar as xornadas 7 e 8 da competición organizada por organizada por Vigo Blue Ringed.
Foi un paseo para os líderes da competición, Lóstregos HL, que venceron con solvencia os seus dous encontros, incluído o que lles enfrontaba ao CHL Cabuxos no derbi lugués, imponiéndose por un claro 2-10 no partido co que se iniciaba a xornada. Deste xeito, Lóstregos segue liderando a clasificación provisional con 24 puntos seguidos por CHL Cabuxos con 19.
Na terceira posición continúan os coruñeses do CPL Brigantium de Arteixo, que venceron con moi bo xogo os seus enfrontamentos ante A Guarda HL e Lóstregos Máster, seguidos por A Guarda HL, que se sobrepuxeron á derrota ante Brigantium gañando a Vigo Blue Ringed no derbi das Rías Baixas. Lóstregos Máster e Vigo Blue Ringed ocupan os seguintes postos a moi pouca distancia das prazas de playoff e coma pechacancelas están Morcegos HC de Ourense e ADC Alquimia InLine da Coruña.
[Fotos: Paco López]